Axenda compartida para coletivos autoorganizados na comarca de Pontevedra
Link Actions
esa web non forma parte do conglomerado industrial-militar «fediverso . gal» pero é parte do fediverso puidéndonos subscribir a ela coa nosa conta de mastodon (ou rss, correo, etc)
tamén, calquera pode colaborar enviando eventos a incluír enchendo o formulario habilitado. Son eventos que deben seguir as normas establecidas e aparecerán na axenda se os aproba a administración.
Se formas parte ou coñeces unha asociación, coletivo, clube, ... envíalles a información dos vosos eventos. E compárte a web! axúdalle a outras persoas a vir ao Fediverso.
podemos ler alí:
Ao contrario que nas plataformas asociais que fan todo o posible para obter e gardar datos das persoas usuarias, cremos que esta información, como as persoas, deben ser libres. Por isto, podes recibir actualizacións dos eventos que elixas, sen precisar vir a esta web.
retomo a solicitude de crear unha comunidade para falar de temas de Deporte, coa posibilidade de crear SubComunidades dentro dela para futbol, baloncesto, billarda, gimbros, raning, etc.
A «Creación de Comunidades» é unha ferramenta que pode abrirse ás usuarias, pero require un traballo de moderación para evitar a creación de Comunidades sen xeito ou orde. Entendo isto, e respeto a decisión tomada.
cando publicamos en lemmy podemos elexir o idioma da publicación, en teoría, pois aquí no foro está dispoñible só o galego, ou polo menos no menú despregable só aparece ese idioma.
Quixera preguntar se isto está limitado de forma consciente e deliberada ou é un parámetro que non está configurado para que a usuaria elixa.
En calquera caso respeto a decisión, só pregunto para poder actuar en correspondencia.
non desaproveites esta oportunidade. O domingo a proveita para facer que as túas amizades instalen unha app do fediverso e abran unha conta onde queiran. Axúdalles, interactúa, dalle a coñecer contas interesantes,... dalle unha man a esa persoa para que te acompañe no #Fediverso ⁂
mastodon.gal é unha instancia en galego de Mastodon para a comunidade galega.
Link Actions
#AltText
a porcentaxe de imaxes publicadas no mastodon.gal que teñen un texto que as describe é mínima. Non todas as persoas actúan do mesmo xeito, pero tendo habilidade e tempo para escribir media dúcia de cancelos que acompañan á publicación, tampouco é un traballo enorme engadir unha breve descrición á imaxe e axudar así a persoas con dificultades visuais, a aportar contexto ao que se ve, a que os lectores de pantalla poidan facer a súa labor e a ter empatía con quen nos le.
Incluso hai servizos (iniciativas) como #AltText4Me para intentar axudar a quen o precise.
Todos os clientes coñecidos teñen no seu editor un apartado para engadir esta descrición.
A veces vexo un certo patrón, como se fose cool ou algo así tirar aí unha imaxe e que se apañen, unha artistada snob.
Xa pode ser ben fermosa que non lle poño nin estreliña ⭐
De etiquetar as nosas publicacións idioma #galego xa falamos outro día.
This is a place to post freely available full-length lectures and courses of the
sort available through MIT OCW. These are primarily intended for self-study and
professional development. ## Rules: * Discussion on self-teaching and
independent study are welcome * Please tag requests with [Request] in...
Just started a new Lemmy community for sharing freely available full-length college courses and lectures. You can follow from Mastodon at @opencourselectures
Moi bom dia.
Obrigado @[email protected] por teres atualizado.
Tenho um pequeno problema, e é que procuro comunidades de instancias como lemmy.world, lemmy.ml, ou beehaw.org e muitas delas não aparecem. Qual é que é o problema?
Thunder - An open-source cross-platform Lemmy client for iOS and Android built with Flutter - GitHub - hjiangsu/thunder: Thunder - An open-source cross-platform Lemmy client for iOS and Android bui...
Some people have been asking which communities they should join first, so I posted some remote communities you can subscribe to on the sidebar on the homepage :)
Agora que está máis estabilizado as migración dos servizos, imos poñer os post de resumo do que pasou no fediverso no último mes pasado a modo de transparencia deste proxecto.
Como sabedes, se fixo unha migración de mastodon.gal e foros.fediverso.gal a infraestrutura de dinahosting, a cal a temos patrocinada por eles durante un mes.
Ademais, aproveitando a migración, creouse a páxina web fediverso.gal. Neste sitio engadiremos información dos servizos que usen o fediverso e estean pensado para unha audiencia en galego. Comentarvos que, se sodes amantes da fotografía, podedes contribuir a esta web engadindo cabeceiras no post dispoñible en [email protected].
.
Acabo de facer unha organización (github.com/fediverso-gal) e un proxecto propio (github.com/fediverso-gal/fediverso.gal) en GitHub, polo que podedes revisar o código, facer pull request e axudar en todo o que querades. Está agora cunha configuración básica (partín da estructura que teño doutros proxectos de React e Vue, non sei se é a adecuada 🙃 para lume, pero bueno).