Qué es Atlantic Games Conference? 🔹Charlas de calidad y actividades para fomentar el networking y conocer la zona 💛 🩷 🔹Dónde? Carballo, A Coruña 🌱 🔹Cuándo? 4 y 5 de Abril 🌟



Boas!!
Meu nome é Rafa, son da Coruña, fun aos dominicos e logo estudiei na facultade de informática da Universidade da Coruña. Actualmente traballo coma desenvolvedore en react e dotnet.
Son actualmente e administradore de foros.fediverso.gal
Atlantic Games Conference

A asociación galega de videoxogos e contidos interactivos comeza o ano cunha nova xunta directiva co obxectivo de dar pulo ao seu crecemento e acadar un maior impacto no sector.


Godoteires - User Meetup Coruña 2024

Queres coñecer á comunidade Galega de Godot? Queres aprender Godot? Mostrar o teu proxecto feito con Godot? Dar unha charla sobre a túa experiencia con…

Para a xente que queira aprender un pouco de Godot, ou falar con otras persoas usuarias deste motor, o vindeiro 27 de xullo temos un evento na Coruña!

¡Feliz segundo aniversario da nosa rede en galego!

mastodon.gal é un servidor en galego de Mastodon para a comunidade galega.

Coma que xa pasou dous anos dende que levo administrando o servidor de mastodon e un dende este lemmy e a web fediverso.gal
Pff, como pasa o tempo. E todo o que tivemos que aguantar nestes dous anos!
Pero bueno, espero que sigamos a tope nos vindeiros anos, creando novas instancias do fediverso en galego (bueno carallo, necesito unhas vacacións da vida para poñerme co traballo atrasado).
En fin, felicidades a todes no fediverso, que este é o voso cumple, sobre todo!
Guadalindie: la feria del videojuego de Andalucía, 3-4 Mayo

El nuevo evento de creadores de videojuegos independiente referente de Andalucía se celebrará en Málaga. Organizado por MálagaJam

Ten moi boa pinta o cartel da Guadalindie. Para ser a primeira vez que o fan, van moi a tope

Advent of Code 2023

Tool for make solutions for the programming puzzles in Godot.

Boas! Quero compartir con vos que este ano estou participando no advent of code, esta vez facendo una aplicación en Godot. A idea e ponerlle o input, seleccionar o día e executar o algoritmo para obter o resultado. Rápido e sinxelo :3
Fediverso.gal - Setembro 2023
Bo día xente! Aquí tedes o resumo no mes de setembro do fediverso.gal.
Sobre mastodon.gal, dicir que este setembro houbo 8 usuarias novas. Actualmente temos unhas 385 usuarias activas e sobre 19.110 interaccións entre usuarias no ultimo mes. Se queredes ver gráficas aquí as tedes do noso taboeiro de control a día de hoxe:

E aquí un gráfico resumo dos usuarios novos, se pinchades na imaxe podedes ver o gráfico interactivo.
[
Fediverso.gal - Agosto 2023
Bo día xente! Aquí tedes o resumo no mes de agosto do fediverso.gal.
Sobre mastodon.gal, dicir que este xullo houbo 12 usuarias novas. Actualmente temos unhas 402 usuarias activas e sobre 20.513 interaccións entre usuarias no ultimo mes. Se queredes ver gráficas aquí as tedes do noso taboeiro de control a día de hoxe:

E aquí un gráfico resumo dos usuarios novos, se pinchades na imaxe podedes ver o gráfico interactivo.
[
Fediverso.gal - Xullo 2023
Bo día xente! Aquí tedes o resumo no mes de xuño do fediverso.gal.
Sobre mastodon.gal, dicir que este xullo houbo 37 usuarias novas. Actualmente temos unhas 434 usuarias activas e sobre 29.200 interaccións entre usuarias no ultimo mes. Se queredes ver gráficas aquí as tedes do noso taboeiro de control a día de hoxe:

E aquí un gráfico resumo dos usuarios novos, se pinchades na imaxe podedes ver o gráfico interactivo.
[
Fediverso.gal - Xuño 2023
Bo día xente! Aquí tedes o resumo no mes de xuño do fediverso.gal.
Sobre mastodon.gal, dicir que este abril houbo 8 usuarias novas. Actualmente temos unhas 454 usuarias activas e sobre 18.000 interaccións entre usuarias no ultimo mes. Se queredes ver gráficas aquí as tedes do noso taboeiro de control a día de hoxe (están tamen os datos de xullo):

Con respeto ao padroado, este mes tivemos 11 persoas que contribuiron totalmente con 19,00 € de doazóns (24,90 € menos impostos e comisións polos servizos). Temos 2 persoas doadoras por Liberapay e as restantes fanno polo noso Ko-fi. A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:
![Doazóns por día no mes de xuño de 2023: unha o día 1, ca
Resumen Fediverso.gal - Abril 2023
Bo día xente!
Agora que está máis estabilizado as migración dos servizos, imos poñer os post de resumo do que pasou no fediverso no último mes pasado a modo de transparencia deste proxecto.
Como sabedes, se fixo unha migración de mastodon.gal e foros.fediverso.gal a infraestrutura de dinahosting, a cal a temos patrocinada por eles durante un mes.
Ademais, aproveitando a migración, creouse a páxina web fediverso.gal. Neste sitio engadiremos información dos servizos que usen o fediverso e estean pensado para unha audiencia en galego. Comentarvos que, se sodes amantes da fotografía, podedes contribuir a esta web engadindo cabeceiras no post dispoñible en [email protected].
. Estou a facer as tarefas de maquetación da páxina web e estaba pensando en que, xa que temos esta sección no foro, pediros a quen queira participar para engadir fotos a cabeceira da páxina web.
Nestes momentos está tal que así:

Estou a usar fotos de recursos libres, como Wikipedia e demáis, pero pensando que isto ao final é algo colaborativo, penso que está ben que toda a xente que queira poda contribuir. Por iso aproveito esta comunidade, para que, se queredes, podedes enviar as vosas fotografías coas seguintes restriccións:
- Preferiblemente en formato webp o avif, pero me vale calquer formato libre ou compatible con GIMP (para recodificalo
Migración Dinahosting
Boas xente!
Acabei de migrar os foros as máquinas de Dinahosting, polo que nos próximos días actualizarei cousiñas do rexistro e do legal. Perdoade, que despois das dificultades técnicas, reinstalar backups e demais, creo que xa estamos de novo. Agora as imaxes e as publicacións deberian ir ben. Calquera cousa comentarme por mastodon.
Tamén está actualizado Lemmy a 0.17.1, que xa temos cousiñas de idiomas e demais.
Gráficos con Raspberry Pi Pico
Perdoade o spam, pero quería compartirvos o código que fixen estes días en Twitch con Raspberry Pi Pico e Pico Display, unha pantalla LCD.

A miña idea era facer un Come Uvas (replicando un pouco o concepto de PacMan) para teren un xogo para fin de ano. Estiven facendo para iso unha mini biblioteca de sprites (usando a biblioteca de PicoDisplay, dos de Pimoroni) que soporta animacións, e claro, mentres o facía, non me deu tempo a terminar o xogo. Ainda así quedou unha animación moi chula, polo que comparto con vos como quedou o código :3

GitHub: [github.com/NEKERAFA/especial-twitch-2022](https://github.com/N
Páxina inicial de fediverso.gal

Main page of fediverso.gal. Contribute to fediverso-gal/fediverso.gal development by creating an account on GitHub.

Bo día xente!!
Sigo aquí vivo a facer cousiñas, e entre elas, estiven estes días a configurar un proxecto de lume (darlle as grazas a @[email protected] e @[email protected], que deronme a idea).
Acabo de facer unha organización (github.com/fediverso-gal) e un proxecto propio (github.com/fediverso-gal/fediverso.gal) en GitHub, polo que podedes revisar o código, facer pull request e axudar en todo o que querades. Está agora cunha configuración básica (partín da estructura que teño doutros proxectos de React e Vue, non sei se é a adecuada 🙃 para lume, pero bueno).
Padroado con Dinahosting
Boas xente!!
Fago esta publicación porque quería avisarvos de que estiven estudando a idea de poder ter un padroado con Dinahosting, que é unha das empresa galega de servizos de hosting web, que además penso que conta coa maior importancia aquí no noso país. Agora mesmo temos só comprados e rexistrados os dominios de mastodon.gal, fediverso.gal, writefreely.gal e pixelfed.gal, pero a idea final e ter movida tamén a estructura dos servizos canda eles a cambio de bonificacións nos seus precios e poder contar con servizo personalizado con Dinahosting. O control dos datos, a xestión da infraestructura e servizos seguirían pasando polas miñas mans, e todas as vosas aportacións en doazóns e axuda directa seguiríanse invertindo nestre proxecto, solo que puidendo abranguer máis servizos. Para min as aportacións son un diñeiro aparte que so sirve para invertir na compra dos dominios e mantemento dos servizos, polo que ainda que o xestione, quero que sexa sempre alleo a min. Agora mesmo de feit

Como consultar foros.fediverso.gal dende mastodon.gal
[Guía] Como consultar foros.fediverso.gal dende mastodon.gal
foros.fediverso.gal usan como software Lemmy, que é un agregador de ligazóns e comunidade de software libre. Un dos seus puntos bos é que usa o protocolo ActivityPub, que é un dos protocolos de interconexión de redes sociais no fediverso, polo que en principio, podemos consultar estes foros dende a nosa instancia de mastodon, mastodon.gal. É por iso que nesta publicación quero deixar un resumo de como podemos facer isto.
Comunidades
As comunidades en Lemmy son coma foros individuais onde se fala dunha temática ou dun debate concretos, como pode ser esta [email protected], ou [email protected], [email protected], etc...
Consultar comunidades
Cando se crea unha destas co
Fediverso no novembro 2022
Boas a todes. Quero estrear estos foros facendo un pouco de transparencia e indicandovos (sobre todo para as persoas que contribuiron) o que nos chegou de doazóns, información da infraestructura e certos temas de moderación:
Con respeto ao padroado, este mes tivemos 26 persoas que contribuiron totalmente con 209,37 € de doazóns (223,99 € menos impostos e comisións polos servizos). A continuación tedes un resumo en gráficos das doazóns aportadas e a cantidade doada por día:

![Cantidade doada por día no mes de novembro de 2022: día 10, 48 €, día 11, 39 €, día 12, 3 €, día 14, 8 €, día 15, 10 €, día 16, 12,99€, día 18, 70€, día 19, 20€, día 21, 1 €, día 23, 1 €,