
Artesanía e gastronomía forman parte da programación das Feiras do Abril que se celebrarán do 5 ao 7 en Val do Dubra.

Feiras do Abril en Val do Dubra
Artesanía e gastronomía forman parte da programación das Feiras do Abril que se celebrarán do 5 ao 7 en Val do Dubra.
Cata e Maridaxe en Taboada (Lugo) 2 de Marzo
Cata e Maridaxe en Taboada (Lugo) 2 de Marzo
19h. Cata maridaxe "O caldo de ósos con denominación de orixe" e conversa sobre razas autóctonas (Casa da Cultura)
O aforo é limitado, por orde de chegada!!!
Os viños da Ribeira, catados e vividos a través da mirada sabia e sensible de Suso Costela, vititucultor de Castelo, Taboada.
As razas autóctonas galegas en perigo de extinción, narradas e explicadas nas voces dos criadores.
Entroido de Budián (Pantón, Ribeira Sacra) - Domingo 2 Marzo
Entroido de Budián (Pantón, Ribeira Sacra) - Domingo 2 Marzo
Iste xa é o último #entroido que recomendo: É unha celebración pequena e nada multitudinaria, na que as comparsas van recorrendo os lugares de Budián (paisaxes preciosas). Camiñanse coma 10 km, parando nas diversas aldeas onde se fai festa e os viciños invitan a xantar. E ó final de todo o paseo, comese todos xuntos a fartar.
📍 Budián, Pantón, Ribeira Sacra, Lugo
🗓️ Domingo 2 Marzo
📨 [email protected]
Desfile de Folións en Pobra de Trives o 23 de Febreiro.
Desfile de Folións en Pobra de Trives o 23 de Febreiro.
📍 Saída: Recinto da Barreira
⏰ Hora: 15:30h
🎭 Percorrido ata a Praza do Concello
Participarán os seguintes Folions:
: As Xuntos polo Fulión (Vilariño de Conso), Carracedo da Serra (A Gudiña), Buxán (O Bolo), Fradelo (Viana do Bolo), Folión de Manzaneda, A Veiga, A Caniceira, Sobrado de Trives, A Lardeira, Os Arrieiros de Petín, O Fiadeiro e o de Chandrexa de Queixa
https://osil.info/o-xx-desfile-de-folions-dos-labregos-o-23-de-febreiro-en-trives/
Entrudio Viana do Bolo 2025
Entrudio Viana do Bolo 2025
https://gl.entrudiovianadobolo.com/calendario
Se andades ocupados co voso entroido o luns e o martes, a semana anterior é cando se fan as comparsas polas aldeas de Viana do Bolo. Eu estiven en Seoane de Arriba e en Mourisca e mereceu moito a pena. Combinan música, humor, sarcasmo e critica social. Son unha tradición que se celebra en paralelo co entroido e que tamén é festeira pero máis de escarnio.
Xuntanza de entroidos en Chantada (LU)
Xuntanza de entroidos en Santiago d'Arriba (Chantada, Lugo) o domingo 16 de febreiro, con presenza dos entroidos ribeirao, de Viana do Bolo, farrumecos de Sobradelo, oso de Salcedo e troteiros Bande. Ás 11h30 en Chantada e ás 16h en Santiago d'Arriba.
16 Febreiro: Festa do Petote en Cerdedo-Cotobade
16 Febreiro: Festa do Petote en Cerdedo-Cotobade
Consiste en degustar un cocido ben surtido no que se inclue o tradicional petote (bola de fariña de millo cociñada no caldo). ´Tratase dunha festa que se fai nos restaurantes da zona e hai que reservar anticipadamente. Pero tamén hai postos na feira, e música, e unha degustación de petotes para os que teñades curiosidade pero non queirades ir a tomar co cocido enteiro.
Sete días de actividades no Intrudio da Gudiña.
Sete días de actividades no Intrudio da Gudiña.
https://www.laregion.es/entroido/sete-dias-actividades-no-entroido/_1/_20250205-3399938.html
Aquí resumidas un pouco as diferentes actividades do Entroido de A Gudiña. En A Gudiña perderase bastante a celebración e estan a recuperar a súa figura tradicional: o Farrampón. E coma no oriente de Ourense tamén haberá moita presencia dos Fulións cos seus bombos. Na Gudiña, Carracedo da Serra, Tameirón e Pentes.
Obrador de Mascaras de Farruco en Astariz (Castrelo de Miño).
Obrador de Mascaras de Farruco en Astariz (Castrelo de Miño).
Gustaríavos aprender a traballar coa cortiza e elaborar a vosa propia máscara de farruco? (farruco é a representación do grotesco: as máscaras, as roupas vellas escuras, chancos,etc.)
♻️ O artesán Ismael Vaz ensinaranos todo o proceso de elaboración dunha máscara de entroido a partir de cortiza recollida nos nosos montes. ⚠️ Prazas limitadas.
Taller do Entroido: Traxe de Follateiro en Lobios. Os Venres.
Taller do Entroido: Traxe de Follateiro en Lobios. Os Venres.
Non queda nada para que comece o Entroido! Os Follateiros organizan un taller para ir preparando os seus característicos traxes a partires de mañá.
📍Baixo do Centro de Saúde de Lobios
📆Venres (dende o 24 de xaneiro)
🕧De 16:30 a 18:30h
Correos habilita un servizo para enviar produtos caseiros do cocido galego por toda España
Correos habilita un servizo para enviar produtos caseiros do cocido galego por toda España
https://www.g24.gal/-/correos-habilita-un-servizo-para-enviar-produtos-caseiros-do-cocido-galego-por-toda-espana
@festas
Coincidindo co inicio da tempada do cocido galego, Correos activou un servizo especial para que os cidadáns poidan enviar con descontos desde Becerreá, Escairón (O Saviñao), Monforte de Lemos, Samos e Sarria produtos caseiros, embutidos e carne en salgadura a calquera punto da península.
(nota: este envio e un test do envio cara lemmy desde a conta de mastodon)
Festa do Botelo (de Valdeorras) na Coruña o 8 De Febreiro: con reserva
Festa do Botelo (de Valdeorras) na Coruña o 8 De Febreiro: con reserva
https://www.valdeorrasdecerca.com/abiertas-las-reservas-para-la-festa-do-botelo-en-a-coruna/
A xente de Valdeorras organiza unha sucursal da súa festa do Botelo en Coruña o 8 de Febreiro. Hai que reservar previamente: menu a 55€ e inclue unha cata previa de viños de Valdeorras.
San Blas 2025 en Bembrive 10/01-03/02
San Blas 2025 en Bembrive 10/01-03/02
Pois as famosas e coñecidas (de sobra) festas en Bembrive (pegado a Vigo). Que non fai falla promocionalas, pero se estan en outros lados tamen no fediverso.
Pois son varios días de festa na que se abren furanchos, e nos que se serven viños e tapas (e tamén é habitual encargar cocidos para grupos). Ademáis hai moita actividade de música tradicional, con pasarúas e grupos tocando nos furanchos e polas rúas.
La Diputación de Ourense ya ha anunciado la nueva edición de Pazolandia. Descubre que días abre, el horario, el precio y como llegar hasta el Pazo dos Deportes
El cineasta vigués Juan Pinzás presentará su nuevo largometraje "Los ojos de Europa" en el Festival de Cine Internacional de Ourense, que será su preestreno mundial
El músico británico encabeza el festival ourensano en donde actuarán también Miles Kane, Yard Act y Teenage Fanclub
Entroido en Ourense
Programa do entroido en Ourense e entorno, a mellor festa do ano
¿Tengo que pagar a la SGAE por tocar mis canciones en un concierto? ¿Cuánto se paga a la SGAE por tocar? ¿Cuáles son las tarifas de SGAE?
Las fiestas de Ourense, de las que se desconocía su programa hasta hace unas horas, se celebrarán del 21 al 25 de junio